As Peaky Branders Axencia de Publicidade

Vigo Cuestas Adaptability

Cliente: Revista Cultural A Movida Vigo. | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Iria Otero, Sara Piñeiro | Contacto cliente: Tamara Novoa | Produción: Dixtinta e Pepito Underground

Problema 
A Movida Vigo buscaba xerar notoriedade entre a poboación de Vigo, ampliando o seu público obxectivo e achegando a cultura aos barrios da cidade. O principal reto foi desenvolver unha campaña efectiva cun orzamento reducido, o que esixía lograr publicity e obter cobertura en medios, a pesar de que a acción competía directamente con outros medios de comunicación locais.

Obxectivo
Deseñar unha campaña creativa e económica que conectase coa identidade viguesa e destacase pola súa orixinalidade, incentivando a participación cidadá e a visibilidade mediática.

Estratexia
Inspirándonos na orografía característica de Vigo, deseñamos a primeira campaña publicitaria adaptada ás costas da cidade. Os carteis incluíron:


– Mensaxes contextualizadas: Frases 100% Vigo que reforzan o vínculo emocional cos habitantes.
– Diseño innovador: Adaptación gráfica ás inclinacións específicas de cada costa, creando un formato único e diferencial.

Metodoloxía 
1. Investigación das rúas con maior pendente en Vigo e análise das súas características.
2. Conceptualización dunha campaña centrada na identidade local e na relación emocional coa cidade.
3. Deseño e produción de carteis adaptados ás inclinacións, garantindo unha lectura óptima nas costas.
4. Implementación nos barrios clave para maximizar o impacto e fomentar a conversa pública.

Impacto
A campaña conseguiu:
– Un elevado grao de notoriedade entre a poboación viguesa, destacando pola súa creatividade e orixinalidade.
– Amplificación do público obxectivo do anunciante grazas á conexión emocional coa cidade.
– Cobertura mediática orgánica, cun retorno da inversión de máis do 1.300% en prensa escrita convencional e dixital, redes sociais e radio.

– Innovación no formato publicitario, diferenciándose no saturado contexto publicitario da cidade.

Ir al contenido