As Peaky Branders Axencia de Publicidade

bradia o la tranquilidad de habernos encontrado

Cliente: Premier Tax Pro | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Iria Otero, Sara Piñeiro |  Fotografía: Orain Studio

Problema:
O sector da avogacía adoita proxectar unha imaxe distante e pouco accesible para a maioría das persoas. A comunicación xurídica tende a ser complexa, formal e afastada, o que dificulta a comprensión e a toma de decisións para quen precisa asesoramento legal. Neste contexto, moitas marcas legais constrúen identidades moi similares entre si, sen diferenciación real nin conexión emocional coas persoas.

Obxectivo:
Construír unha marca capaz de descomplicar o dereito tributario, achegándoo ás persoas desde unha linguaxe clara, accesible e humana. O reto era crear unha identidade que transmitise confianza e tranquilidade, convertendo o proceso legal nun acompañamento comprensible e próximo.

Estratexia:
A estratexia de marca partiu dunha idea clave: optimizar a tranquilidade das persoas que se enfrontan a procesos tributarios. Desde esta idea desenvolvemos tamén o naming da marca: Bradia, inspirado na bradicardia sinusal, o estado no que o corpo se relaxa e o ritmo cardíaco baixa cando sentimos calma. Este concepto converteuse no eixo narrativo da marca e guiou todo o desenvolvemento creativo: desde o naming ata a identidade visual e verbal. Así construímos unha marca que transmite acompañamento, claridade e serenidade ao longo de todo o proceso legal.

Resultados:
O proxecto deu lugar a unha marca diferenciada dentro do sector xurídico, cunha identidade visual e verbal que rompe coa estética tradicional da avogacía. A nova marca conseguiu posicionarse arredor dun valor emocional claro: a tranquilidade durante todo o proceso legal, non só no momento da resolución.

Metodoloxía:
O proxecto desenvolveuse a través dun proceso estratéxico de branding que incluíu análise do sector, definición do territorio conceptual, creación do naming e desenvolvemento da identidade verbal e visual. Todo o sistema gráfico e narrativo da marca baséase na metáfora do ritmo cardíaco e nas pausas entre latexos, reforzando a idea de calma e acompañamento.

Impacto:
Bradia constrúe unha nova maneira de relacionarse co dereito tributario: máis clara, máis accesible e emocionalmente máis tranquila. A marca demostra que incluso nun sector tradicional como o legal é posible crear identidades con significado, capaces de conectar coas persoas e transformar a percepción dun servizo complexo.

Ir al contenido