Cliente: Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Iria Otero, Sara Piñeiro | Equipo de asesoría en igualdade: PRISMA igualdad. Cristina Louzán e Priscila Retamozo.
Problema:
1 de cada 3 mulleres menores de 35 anos sufriu acoso en espazos de ocio, e o 16% dos delitos sexuais en España en 2021 ocorreron en entornos festivos.
Obxectivo:
Combater as Violencias Machistas e LGBTIfóbicas nos Festivais Galegos. O reto foi abordar ditas violencias nos festivais galegos, creando conciencia entre as persoas asistentes e visibilizando a problemática.
Estratexia:
A estratexia foi completamente personalizada, levando a cabo accións concretas nos festivais máis relevantes de Galicia. Deseñamos coa Xunta de Galicia espazos integrais que ofrecían atención psicolóxica, social e pedagóxica.
Estas intervencións foron acompañadas de mensaxes que xogaban co cartaz e artistas de cada festival. Actuamos en «puntos clave» coma zona de barras, backstage, baños, …
Resultados:
A acción alcanzou a máis de 15.000 visitantes. Creouse un espazo seguro onde as vítimas de violencia se sentían escoitadas e apoiadas, mesmo para falar de violencias do pasado.
Ademais, a estratexia facilitou un diálogo directo entre a administración pública e a mocidade, quen se sentiu escoitada e respaldada.
Metodoloxía:
A acción contou coa Asesoría en Perspectiva de Xénero de Prisma Igualdade en todas as fases do proceso creativo.
Impacto:
Xeneramos espazos inclusivos que desafiaron as normas culturais do ocio e promovemos a igualdade. O impacto social da campaña fomentou a participación activa das persoas asistentes na loita contra a violencia, creando conciencia e cambiando a dinámica social nos eventos.