Cliente: Outro Conto Vigo | Contacto Cliente: Alba Cobo e Isaac Pujales | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Iria Otero, Sara Piñeiro | Dirección de Fotografía: Charo Lopes | Equipo de comunicación: Sama Cocó
Problema
Outro Conto quería desenvolver un evento contra a gordofobia, un espazo de celebración das nosas corporalidades diversas, que precisaba dunha identidade gráfica nova e aplicacións que reflectisen a mensaxe central do evento.
Obxectivo
Crear unha identidade gráfica innovadora e visualmente impactante para o evento Y se A(r)mó la Gorda, que representase a celebración da diversidade corporal e contribuíse a desafiar os estereotipos asociados aos corpos non normativos.
Estratexia
Deseñamos unha identidade gráfica que puxese no centro a visibilización e a presenza das persoas gordas. Escolléronse tipografías bold para simbolizar forza e protagonismo, e empregamos un contraste entre amarelo flúor e grises para destacar a determinación, o orgullo e a loita pola visibilidade dos corpos non normativos.
Ademais, incluíuse unha produción fotográfica que desafiou os estereotipos tradicionais sobre os corpos, reforzando a mensaxe do evento.
Metodoloxía
- Análise conceptual: Definimos os valores e as mensaxes fundamentais que o evento debía transmitir.
- Deseño gráfico: Creación dunha identidade visual coherente cos obxectivos do evento, empregando elementos gráficos que reforzasen a visibilización e celebración da diversidade corporal.
- Produción fotográfica: Elaboración de imaxes que desafiaran os estereotipos sobre os corpos non normativos, situando ás persoas gordas como protagonistas nunha narrativa positiva.
- Aplicacións: Desenvolvemento de materiais promocionais para o evento, como carteis, redes sociais e elementos gráficos adicionais.