Creatividade transformadora
para marcas conscientes (e valentes).
Desenvolvemos campañas, marcas e proxectos de comunicación para organizacións que buscan xerar relevancia pública, mobilizar a conversación e provocar impacto positivo real na sociedade.
Facemos o de sempre
Estratexia · Construción de marca · Campañas · Plans de comunicación para campañas institucionais, proxectos culturais e de territorio, campañas de impacto social e lanzamentos de marcas corporativas con propósito.
pero non coma sempre
a lume lento, sen urxencias, desfrutando do proceso, con moita estratexia, creando valor para a túa marca a longo prazo, xerando impacto positivo no mundo, rompendo tabús, estereotipos, apostando por creatividade con valores, involucrando a expertas no proceso, apostando por direccións creativas de mulleres…
Publicidade transformadora,
estratéxica, real e inclusiva.
Transformadora
- Crear unha industria publicitaria máis consciente e transformadora
- No que facemos: + inclusiva, + diversa, linguaxe inclusiva, corpos, mensaxes responsables co impacto.
- Por dentro: redignificar o proceso creativo, os tempos, a precariedade, reivindicar a transparencia.
- Coherencia entre o storytelling e o storydoing.
- Compromiso cos valores de “Selo Púrpura”
- Transparencia horaria (estipúlase un tempo mínimo adicado a cada proxecto creativo)
- Impacto local: priorizamos o talento local para colaboracións e creacionista de equipos.
- Máis alá das cidades: apostamos por un modelo de axencia creativa descentralizada. Crear sen renunciar á calidade de vida.
Estratéxica
- Marcas valentes, aliñadas cos compromisos de calidade e transparencia, que queiran facer un aporte de valor coherente a través do seu produto e os seus valores.
- Todo traballo, por pequeno que sexa, ten unha fase estratéxica previa de definición de obxectivos.
Real e inclusiva
- Do modelo aspiracional ao modelo do autorrecoñecemento/identificativo.
- Publicidade creada dende a diversidade real para a vida real.
- Que non repoduce estereotipos nin perpetúa modelos de perfección inalcanzables.
- Normaliza o que xa é normal, visibiliza a utilidade real para as persoas.
- Priorizar representacións que visibilicen diferentes tipos de corpos, roles, xéneros…
- Visibilización do invisibilizado.
- Aplicar dita perspectiva á coherencia interna: compromiso #masmujerescreativas #unadedos
- Priorizar a externalización de servizos con proxectos que tamén rompen cos roles de xénero.
2 de cada 3 persoas no mundo están dispostas a mercar, deixar de mercar ou boicotear unha marca en base aos seus valores (según datos de Edelman).
Tomamos o referente de “as Sinsombreiro”, un grupo de mulleres valentes e transgresoras que nos anos 20 lanzaron seus “peakys” (sombreiros) na Porta do Sol para escenificar metafóricamente a ausencia de pezas que lles tapaban a cabeza, liberar ideas e inquietudes.
Peakylandia
O lugar onde explicamos como funciona Peaky:
o noso modelo de traballo e a forma de entender a comunicación.
Non cremos nas estruturas ríxidas nin nos departamentos pechados. Cremos na colaboración especializada e aliñada en valores.
As Peaky Branders lidera a dirección estratéxico-creativa e a coordinación dos equipos que fan posible cada proxecto.
Segundo o reto, activamos equipos especializados a medida. Esta flexibilidade permítenos manter a nosa identidade e participar con liberdade en proxectos transformadores de distinta escala e complexidade.
Apostamos por un modelo colaborativo que entende que transformar o sector creativo implica tecer redes. O noso modelo aposta por unha rede estable de profesionais creativas especializadas coas que compartimos valores, mirada crítica e forma de traballar.
Por convicción ambientalista pero tamén por conciliación coa vida, cremos que o traballo creativo pode facerse dunha forma deslocalizada.
Priorizamos a calidade de vida, flexibilidade horaria e a aposta polo rural.
A nosa base está en Bueu, un municipio de 11.000 habitantes, pero o combinamos con traballo en remoto e flexibilidade horaria.
Vivimos rodeadas de fauna (arañas incluidas), laranxas, Morgan (unha cadela moi frioleira)… e moita vida.
Traballar xuntas
Se cres que podemos sumar no teu proxecto, escríbenos e falamos.
Ao longo do ano reservamos espazo na axenda para un número limitado de novos proxectos.
O noso horario é flexible, pero para clientes temos un peakyphone (Nokia pataca sen WhatsApp) cunha ventá de atención directa de luns a venres de 11 a 13 h. Prepárate: somos bastante preguntonas 🙂
Newsletter
Quero tecer redes
Somos parte