Cliente: Concello de Santiago de Compostela | Dirección Creativa e Estratexia Dixital: Iria Otero, Sara Piñeiro | Dirección de Arte: Yarza Twins, Eva Yarza e Marta Yarza | Deseñadora Gráfica de Animación: Laia Alsina | Asesoría de Perspectiva de Xénero: María Reimóndez
Campaña desenvolvida para o Concello de Santiago polo 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Por que esta campaña?
Un dato alarmante serviu como punto de partida: segundo o recente Barómetro Xuventude e Xénero 2023 de Fad Xuventude, o 23,1% da mocidade española entre 15 e 29 anos considera que a violencia de xénero é un “invento ideolóxico.
Ante este panorama, a campaña responde con forza, visibilizando que a inacción e a pasividade non son neutras, senón que perpetúan as violencias.
A narrativa visual: O poder de mirar cara a outro lado.
A campaña interpela directamente á cidadanía cunha narrativa visual que reflexiona sobre as formas cotiás de inacción.
Mensaxes clave:
Frases típicas como:
– Eu non podo facer nada
– Isto non vai comigo
Estas ideas son desmontadas para destacar que mirar cara a outro lado perpetúa a violencia.
Visuais impactantes:
Os elementos visuais combinan imaxes de ollos que evitan a realidade con frases que buscan activar a reflexión e promover a responsabilidade compartida.
Santiago de Compostela** converteuse no escaparate dunha mensaxe transformadora:
– Mupis, lonas e carteis
– Autobuses municipais
Os espazos públicos foros unha plataforma para promover a reflexión e o cambio social.
Da rúa ás redes: Unha estratexia completa
A campaña expándese ao ámbito dixital cun plan estratéxico que chega a públicos diversos:
1. Contidos educativos e preventivos
2. Accións concretas para combater a pasividade
3. Mensaxes adaptadas para reflexionar e mobilizar
O resultado é unha iniciativa que garante a reflexión colectiva e desmantela os discursos que minimizan ou negan as violencias machistas.