Cliente: Universidade de Vigo | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Iria Otero, Sara Piñeiro, Marián Rodríguez
Problema:
A Universidade de Vigo quixo abordar os estereotipos e roles herdados asociados ás masculinidades no entorno universitario. O reto consistía en conectar cun público novo, evitando os códigos institucionais que poden xerar rexeitamento, e promover unha reflexión positiva sobre o que significa ser home, fomentando masculinidades saudables e afastando as connotacións tóxicas.
Obxectivo:
Deseñar e implementar unha campaña que redefina o concepto de masculinidade no ámbito universitario, utilizando unha linguaxe visual e verbal atractiva para o público mozo, e promovendo condutas inclusivas e respectuosas que desafíen os estereotipos tradicionais.
Estratexia
Redefinimos a frase «home tiña que ser» asociándoa a condutas positivas, empregando un deseño moderno, fresco e próximo á cultura contemporánea. Optamos por unha estética xuvenil e o uso dun rosa alternativo que rompe os estereotipos tradicionais, destacando valores de igualdade e inclusión. Complementamos a intervención gráfica con accións en redes sociais para fomentar o diálogo e a reflexión entre a comunidade universitaria.
Metodoloxía:
1. Conceptualización: Identificación dos valores e mensaxes clave que a campaña debía transmitir.
2. Deseño gráfico: Creación de carteis con estética xuvenil e moderna, utilizando cores e símbolos afastados dos códigos institucionais tradicionais.
3. Intervención estratéxica: Colocación de carteis en espazos visibles e estratéxicos do campus universitario.
4. Difusión dixital: Compartición de mensaxes e reflexiones en redes sociais para ampliar o alcance e fomentar a participación activa da comunidade.
Impacto:
A campaña xerou un impacto positivo na percepción das masculinidades no entorno universitario. Os deseños captaron a atención da comunidade estudantil, fomentaron o diálogo e lograron interaccións destacadas en redes sociais. Ademais, a intervención gráfica destacou por innovar ao redefinir unha frase culturalmente arraigada, transformándoa nunha mensaxe de inclusión e respecto. Este enfoque contribuiu a un cambio de percepción sobre os roles de xénero, tanto en estudantes como en docentes, promovendo condutas máis saudables e equitativas.