Cliente: BNG | Axencia: As Peaky Branders | Equipo creativo (libre de teitos de cristal): Marián Rodríguez, Iria Otero | Equipo de asesoría en igualdade: María Reimóndez
Problema:
As campañas do 8M adoitan ser cuestionadas por caer en iniciativas limitadas a un só día, sen impacto real ou continuidade na loita pola igualdade de xénero.
Obxectivo:
Demostrar o compromiso real e sólido do BNG coa loita feminista, creando unha campaña que trascenda o 8 de marzo e manteña viva a mensaxe de igualdade durante os 365 días do ano.
Estratexia:
Para evitar caer no «purple washing», deseñamos unha campaña innovadora: 8M365. A clave foi crear un mupi dinámico que cada mes aborda un tema diferente relacionado coa igualdade de xénero. Ademais, inclúe as propostas específicas para avanzar nesta loita.
A campaña fíxose presente en 46 municipios, converténdose nun referente visual e simbólico da igualdade. A súa sinxeleza —un espazo de apenas un metro cadrado— e a súa capacidade para evolucionar mes a mes marcaron a diferenza.
Resultados:
- 46 municipios adheridos á iniciativa, facendo que a mensaxe de igualdade chegue a múltiples localidades galegas.
- Un ROI superior ao 780%, demostrando un alto impacto coa optimización de recursos.
- Creouse unha campaña que permanece activa durante os 365 días do ano, destacando a súa continuidade e relevancia.
Metodoloxía:
A campaña desenvolveuse abogando pola igualdade de maneira interseccional, asegurando que os temas tratados fosen inclusivos e contemplasen as múltiples realidades das mulleres e persoas de colectivos vulnerabilizados. Ademais, contamos con asesoría especializada en perspectiva de xénero, que guiou todas as fases do proceso para garantir un enfoque coherente e transformador.
Impacto:
8M365 rompeu coa idea de que a loita pola igualdade é cuestión dun só día. A campaña xerou un impacto social profundo, visibilizando a problemática de xénero de forma constante, e consolidou o compromiso do BNG coa igualdade.
Web da campaña: 8M365dias.gal