As Peaky Branders Axencia de Publicidade

Branding Oh!Sister

A primeira escola de creativas para creativas é unha formación única adicada en exclusiva a creativas, pero non tiña nin nome, nin imaxe, nin identidade coa que presentarse. 

Obxectivo
Deseñar unha identidade profunda, visual e posicionamento acordes á filosofía coa que se fundaba a escola para creativas. Atendendo así á súa misión de fomentar a confianza, autenticidade e representación feminina, converténdose nunha formación transformadora para as creativas.

Contexto
O sector publicitario e creativo enfróntase á falta de representación feminina, especialmente en cargos de dirección creativa, onde só o 22% das mulleres acceden.

As creativas tamén lidian con dificultades emocionais como o medo e a incerteza, que dificultan o seu desenvolvemento. Non existen suficientes espazos formativos específicos para mulleres que aborden tanto a formación creativa como a xestión emocional.

Identidade de Marca
O nome «OH! SISTER» reflicte sororidade e apoio entre mulleres, cunha identidade visual moderna, accesible e inclusiva, e un ton comunicativo honesto, con fortaleza e humor.

A nivel visual creamos unha superposición de capas que se apoian entre elas e se asemellan a unha representación do eco das compañeiras.

Resultados
OH! SISTER posicionouse como un referente en creatividade auténtica e empoderamento feminino, creando un espazo seguro e innovador.

A matrícula para a primeira edición foi exitosa, validando a necesidade dun espazo formativo exclusivo para mulleres creativas.

As participantes formaron parte dunha comunidade activa e de apoio, reforzando a percepción da marca.

Ir al contenido