As Peaky Branders Axencia de Publicidade

Estratexia Redes Sociais The Skarnivals

Cliente: TheSkarnivals | Contacto Cliente: Carles Montalt y Alberto Lora | Axencia creativa: As Peaky Branders | Social Media Manager (libre de teitos de cristal): Sara Piñeiro

Problema

The Skarnivals ía lanzar o seu terceiro álbum xunto cunha nova e xira e viña de ter a súas redes sociais abandonadas. En consencuencia, cando comezamos con eles a súa única comunicación era meramente comercial, centrada na axenda e na promoción.

Diagnose

Na auditoría inicial vemos que a súa rede de maior alcance era Instagram, onde estaba activa a maioría da súa comunidade. Tamén era a plataforma na que máis interacción atopaban.

Ademais, atopábamos nun período de auxe de TikTok e nunha caída do alcance xeralizada en Instagram.

Obxectivo

Deseñar unha estratexia de redes sociais para loitar contra a caída de alcance en Meta e compartir un espazo de interacción co público nas redes.

Estratexia

  • Establecemos en Instagram o centro de operacións da banda.
  • Mantivemos Facebook de forma residual invitando á xentiña a seguirnos en Instagram.
  • Incorporamos un perfil en TikTok con vistas ó medio-longo prazo.
  • Creamos unha gran variedade de novas liñas de contido regular de entretemento centradas nos membros da banda poñendo o foco nas persoas e non na venda.
  • Subtitulamos os vídeos para facilitar a accesibilidade.
 
Evolución
 
  • Fixéronse revisións e axustes estratéxicos trimestrais.
  • En xaneiro de 2023, tras aproximadamente nove meses de traballo e con Instagram asentado, comezamos a explorar TikTok coa obtención de liñas de contido útiles para conseguir alcance pero dentro do público de interese real.
 

Resultados

Co parón indefinido da banda rematou o noso traballo. Os resultados por plataforma:

Facebook: o abandono foi paulatino e fixéronse varios recordatorios do novo contido en Instagram.

TikTok: aínda sendo a última rede en entrar en xogo:

  • Conseguiuse unha escalada do 435% respecto ao primeiro trimestre de traballo no tamaño da comunidade.
  • Tamén un aumento do alcance do 24,19%.
  • E un aumento da interacción do 7,17%.
    Os últimos contidos publicados seguen atraendo tráfico a día de hoxe.
 

Instagram: foi o centro de operacións e conseguiu:

  • Un aumento da comunidade do 12,11% respecto ao primeiro trimestre de traballo.
  • Un aumento do alcance do 1,71% a pesar da recesión da plataforma.
  • Un aumento do engagement medio ponderado do 8,93%.
Ir al contenido