Obxectivo
Eliminar as reticencias da poboación a falar galego e estender o seu uso no día a día. Encargáronnos unha campaña creativa que incentivase o uso do galego no comercio local durante o Nadal, apelando á cercanía e á participación cidadá.
Estratexia
Creamos unha campaña integral “Desvergonza do galego”, utilizando humor e autocrítica para animar á xente a falar galego sen medo a errar. O traballo incluíu cartelería, vinilos, pegatinas, publicacións en redes sociais e prensa, ademais da activación de comercios locais como soporte clave na campaña.
Resultado
A campaña xerou un alto grao de interacción social, foi ben recibida nos medios e redes, e axudou a abrir unha conversación sobre o uso do galego en Galicia. Logramos unha ampla adhesión de comercios locais e un notable apoio da cidadanía, aumentando a visibilidade do galego no ámbito cotián.
Innovamos ao converter o erro en valor, eliminando o estigma de falar galego mal. A campaña xerou viralidade orgánica, conseguiu adhesión masiva de comercios e fomentou o uso social do galego. A nivel social, transformou o medo en “desvergonza”, potenciando a aceptación da lingua desde un enfoque inclusivo e humano.