Cliente: TheSkarnivals | Contacto Cliente: Carles Montalt y Alberto Lora | Axencia creativa: As Peaky Branders | Social Media Manager (libre de teitos de cristal): Sara Piñeiro
Problema
The Skarnivals ía lanzar o seu terceiro álbum xunto cunha nova e xira e viña de ter a súas redes sociais abandonadas. En consencuencia, cando comezamos con eles a súa única comunicación era meramente comercial, centrada na axenda e na promoción.
Diagnose
Na auditoría inicial vemos que a súa rede de maior alcance era Instagram, onde estaba activa a maioría da súa comunidade. Tamén era a plataforma na que máis interacción atopaban.
Ademais, atopábamos nun período de auxe de TikTok e nunha caída do alcance xeralizada en Instagram.
Obxectivo
Deseñar unha estratexia de redes sociais para loitar contra a caída de alcance en Meta e compartir un espazo de interacción co público nas redes.
Estratexia
- Establecemos en Instagram o centro de operacións da banda.
- Mantivemos Facebook de forma residual invitando á xentiña a seguirnos en Instagram.
- Incorporamos un perfil en TikTok con vistas ó medio-longo prazo.
- Creamos unha gran variedade de novas liñas de contido regular de entretemento centradas nos membros da banda poñendo o foco nas persoas e non na venda.
- Subtitulamos os vídeos para facilitar a accesibilidade.
- Fixéronse revisións e axustes estratéxicos trimestrais.
- En xaneiro de 2023, tras aproximadamente nove meses de traballo e con Instagram asentado, comezamos a explorar TikTok coa obtención de liñas de contido útiles para conseguir alcance pero dentro do público de interese real.
Resultados
Co parón indefinido da banda rematou o noso traballo. Os resultados por plataforma:
Facebook: o abandono foi paulatino e fixéronse varios recordatorios do novo contido en Instagram.
TikTok: aínda sendo a última rede en entrar en xogo:
- Conseguiuse unha escalada do 435% respecto ao primeiro trimestre de traballo no tamaño da comunidade.
- Tamén un aumento do alcance do 24,19%.
- E un aumento da interacción do 7,17%.
Os últimos contidos publicados seguen atraendo tráfico a día de hoxe.
Instagram: foi o centro de operacións e conseguiu:
- Un aumento da comunidade do 12,11% respecto ao primeiro trimestre de traballo.
- Un aumento do alcance do 1,71% a pesar da recesión da plataforma.
- Un aumento do engagement medio ponderado do 8,93%.