As Peaky Branders Axencia de Publicidade

outro conto

Cliente: Outro Conto | Axencia: As Peaky Branders | Contacto cliente: Alba Cobo e Isaac Pujales | Rede de colaboración de proximidade: A Morada Cooperativa, Café Uf, Tinta Negra, La Contenedora, Bar Princesa, Libraría Versus, C’alma Fruit, Batallón, Sala Kominsky e Vaidhé | Título: «Érase una vez… Outro Conto» 
 

Problema
A gordofobia e a cultura da dieta seguen presentes nas nosas sociedades, afectando a saúde emocional e física de moitas persoas. Ademais, a publicidade tradicional contribúe significativamente á pegada de carbono, xerando un impacto ambiental que é urxente reducir.

Obxectivo
Lanzar Outro Conto en Vigo cunha campaña que combinase baixo impacto ambiental e alto impacto social, promovendo a aceptación corporal e un consumo consciente, mentres se reivindicaba a importancia do autocuidado e a lectura como actos transformadores.

Estratexia

Desde As Peaky Branders deseñouse unha acción que converteu libros doados por viguesas e vigueses no soporte publicitario da campaña.

  1. Reutilización de libros:
    Rescatáronse máis de 500 libros que se colocaron en puntos emblemáticos da cidade de Vigo. Cada libro incluía mensaxes de aceptación corporal e loita contra a gordofobia, fomentando a reflexión e a acción social.

  2. Impacto nas rúas:
    A intervención en espazos públicos sorprendeu ás persoas máis madrugadoras, xerando unha conexión emocional coa mensaxe e ampliando o alcance da acción.

  3. Activación comunitaria:
    O chamamento á cidadanía para doar libros fixo partícipes aos veciños e veciñas da cidade, creando un movemento colectivo que reforzou os valores da campaña.

Resultados
A campaña revolucionou Vigo, chegando a milleiros de persoas que interactuaron cos libros e as súas mensaxes. Ningún libro quedou sen unha segunda vida, e a acción posicionou Outro Conto como unha marca comprometida co impacto social e ambiental.

Impacto
Promoveuse unha publicidade responsable que combinou creatividade e activismo social, demostrando que é posible transformar os soportes tradicionais en ferramentas de cambio. Ademais, reforzouse unha rede de colaboración con valores compartidos que inspirou á cidadanía.

Ir al contenido