Creatividade transformadora
para marcas conscientes (e valentes).
Se tes unha marca e queres ter unha maior relevancia
e impacto positivo no mundo,
Se aínda non sabes que carallo é iso da creatividade transformadora, quéeeeeedate (voz de bostezo)
Se che gusta a publicidade pero estás farta de como
se fai publicidade,
é hora de coñecer que é iso de comunicación transformadora, estratéxica, real e inclusiva.
Facemos o de sempre
auditoría de marca, Estratexia e Branding, Campañas, Deseño e Implementación de Plans de Comunicación, auditoría de Redes Sociais en @Redeiras…
pero non coma sempre
a lume lento, sen urxencias, desfrutando do proceso, con moita estratexia enfocada en obxectivos, creando valor para a túa marca a longo prazo, xerando impacto positivo no mundo, rompendo tabús, estereotipos, apostando por creatividade con valores por dentro e por fora, involucrando a expertas no proceso, apostando por direccións creativas de mulleres…
Publicidade transformadora,
estratéxica, real e inclusiva.
Transformadora
- Crear unha industria publicitaria máis consciente e transformadora
- No que facemos: + inclusiva, + diversa, linguaxe inclusiva, corpos, mensaxes responsables co impacto.
- Por dentro: redignificar o proceso creativo, os tempos, a precariedade salarial, transparencia.
- Coherencia entre o storytelling e o storydoing (requisito)
- Compromiso cos valores de “Selo Púrpura”
- Transparencia horaria (estipúlase un tempo mínimo adicado a cada proxecto creativo)
- Impacto local (priorizar o talento local para colaboracións e externalización de servizos)
- Impacto medioambiental (traballo 100% en remoto, por conciliación e convicción ambientalista)
Estratéxica
- Marcas valentes, aliñadas cos compromisos de calidade e transparencia, que queiran facer un aporte de valor coherente a través do seu produto e os seus valores.
- Todo traballo, por pequeno que sexa, ten unha fase estratéxica previa de definición de obxectivos.
Real e inclusiva
- Do modelo aspiracional ao modelo do autorrecoñecemento/identificativo.
- Publicidade creada dende a diversidade real para a vida real.
- Que non repoduce esterotipos nin perpetúa modelos de perfección inalcanzables.
- Normaliza o que xa é normal, visibiliza a utilidade real para as persoas.
- Priorizar stock e axencias de modelos que visibilicen diferentes tipos de corpos, roles, xéneros…
- Visibilización do invisibilizado.
- Aplicar dita perspectiva á coherencia interna: compromiso #masmujerescreativas #unadedos
- Priorizar a externalización de servizos con proxectos que tamén rompen cos roles de xénero.
2 de cada 3 persoas no mundo están dispostas a mercar, deixar de mercar ou boicotear unha marca en base aos seus valores (según datos de Edelman).
Tomamos o referente de “as Sinsombreiro”, un grupo de mulleres valentes e transgresoras que nos anos 20 lanzaron seus “peakys” (sombreiros) na Porta do Sol para escenificar metafóricamente a ausencia de pezas que lles tapaban a cabeza, liberar ideas e inquietudes.
Rede de creativas
As mulleres somos máis da metade da poboación creativa, pero só o 22% alcanzamos postos de dirección creativa.
Por iso:
Buscamos que cada día sexamos máis persoas apostando pola diversidade de miradas no sector.
Se queres traballar con nós e sumarte á rede de colaboradoras, cubre o formulario e comparte o teu perfil e ligazón aos teus traballos.
Se queres seguir formándote, coñecer a outras creativas e conseguir o empurrón que che falta para romper teitos de cristal... pásate pola escola de creativas Oh!Sister.
Apúntate
Newsletter
Peakylandia
Por convicción ambientalista pero tamén por conciliación coa vida, cremos que o traballo creativo pode facerse dunha forma deslocalizada.
Priorizamos a calidade de vida, flexibilidade horaria e a aposta polo rural.
A nosa base está en Bueu, un municipio de 11.000 habitantes, pero o combinamos con traballo en remoto e flexibilidade horaria.
Vivimos rodeadas de fauna (arañas incluidas), laranxas, Morgan (unha cadela moi frioleira)… e moita vida.
Contacto
Tamén tecemos redes en: